Sinerxías
  • Sinerxías
  • Servizos
    • FORMACIÓN
    • NORMATIVA
    • TIC
    • SUMINISTROS
    • ASESORÍA EMPRESAS
    • SEGURIDADE E PRL
    • ENXEÑARÍA
  • Cursos
  • Noticias Transporte
  • FINDIESEL
  • Cheque Moderniza
  • Contacto
  • Menú Menú
  • A nova Lei de “Cadea de Transporte” aprobada en agosto incluía entre os seus obxectivos a xeralización da contratación por escrito no transporte de mercadorías, obrigando a emitir unha carta de porte por cada envío, na que entre outras mencións obrigatorias, debe figurar o prezo do transporte.
  • Ante as dúbidas a respecto dos órganos de inspección que deberán velar polo cumprimento desta nova norma, o Ministerio de Transportes vén de escarecer á Agrupación de Tráfico da Garda Civil que en estrada só se poderá controlar o documento de control que acompaña ás mercadorías, deixando á Inspección de Transporte o control posterior da carta de porte.

O pasado mes de agosto publicouse o Real Decreto-Lei 14/2022 de medidas de apoio ao transporte, que entre outras cuestións, incluiu como novidade a xeralización da contratación por escrito no sector do transporte de mercadorías por estrada, en todos os servizos de importe superior a 150 €, excepto no caso dalgunhas especialidades de transporte que polas súas características non facían aconsellable a súa aplicación (transporte de paquetería, mudanzas, auxilio en estrada e transportes con vehículos de masa máxima inferior a 2 Tn).

Con esta nova Lei procurábase corrixir a práctica habitual do sector de contratar, na maior parte dos casos, os servizos de transporte de forma verbal, sobre todo os autónomos e as pequenas empresas transportistas. Así, a nova norma estableceu a obrigatoriedade de formalizar por escrito todos os contratos de transporte nos que interveña o transportista efectivo, xa sexan simplemente os contratos suscritos para un único envío cun cliente esporádico, para o cal se deberá formalizar a carta de porte, como tamén no caso dos contratos de transporte continuados, que deberán formalizarse tamén por escrito, e logo elaborar unha carta de porte por cada envío realizado ao amparo do contrato principal por uns servizos continuados de transporte.

Así mesmo, este novo Real Decreto-Lei 14/2022 estableceu que a carta de porte deberá incluír como mención obrigatoria o prezo do transporte, entendéndose como tal o importe acordado pola realización do servizo de transporte e mais o importe dos outros gastos relacionados co transporte (operacións de carga e descarga). Non obstante, matízase que non sería necesario que figure o prezo na carta de porte se xa consta noutro documento contractual (podería valer incluso un correo electrónico aceptado).

Esta nova normativa sobre a carta de porte tamén matizaba que:

  • Debe ir a bordo do vehículo, pero a súa ausenza non é sancionable.
  • A responsabilidade de emitila é do cargador e mais do transportista.
  • En canto ás infraccións, a non formalización da carta de porte cualifícase como sanción grave (1.000 €), e a non inclusión do prezo ou outras mencións obrigatorias, tamén sanción grave (800 € e 600 €, respectivamente).

Por último, é conveniente reparar que a carta de porte será válida como documento de control se inclúe todas as mencións que son obrigatorias no documento de control, isto é, ademais dos datos que xa son obrigatorios da carta de porte, a matrícula do vehículo  que realiza o transporte ou as matrículas no caso de tratarse dun conxunto de vehículos.

Logo de detectarse nestas primeiras semanas de vixencia da norma a imposición de determinados boletíns de denuncia por parte dalgúns axentes de Tráfico en relación á nova Lei, o Ministerio de Transporte vén de remitir unha Instrución á Agrupación de Tráfico da Garda Civil, para esclarecer que tipo de documentación pode ser esixida nunha inspección en estrada. Textualmente, esta Instrución deixa fóra de dúbida que:  “En estrada só hai que controlar os documentos administrativos regulados pola normativa de transportes, que no transporte nacional de mercadorías sería o documento de control regulado na Orde FOM/2861/2012 e no transporte internacional de mercadorías o CMR”.

En consecuencia non pode sancionarse polos axentes de tráfico cuestións tales como a carencia da carta de porte, a falta de consignación nela do prezo do transporte, así como non reflexar as horas de recepción e entrega da mercadoría, xa que o control destes requisitos competen en exclusiva aos servizos de Inspección de Transporte tanto do Estado como das Comunidades Autónomas nas inspeccións que fagan ás empresas.

Categorías

  • Actualidade
  • Axudas
  • Formación
  • Normativa
  • Pesos e Dimensións
  • Reclamacións – Cártel
  • Suministros
  • Tacógrafo
  • TIC
  • Tráfico

Sinerxías profesionais do transporte

Search Search

icono ubicacion sinerxías Sede Porriño

Polígono A Granxa, Rúa D, esq. paralela 3, parc. 256C, 2º

986 169 268

icono ubicacion sinerxías Sede Santiago Compostela

Costa de San Marcos, 3 baixo

881 243 859

icono ubicacion sinerxías Sede Ourense

Parque Tecnolóxico de Galicia, Edificio Tecnópole 1, planta 2ª local 16

988 989 033

info@sinerxias.gal

  • Twitter
Logo Findiesel

© Sinerxías - Política de privacidade | Canal Ético
  • Link to Facebook
  • Link to X
  • Link to LinkedIn
  • Link to Instagram
  • SINERXÍAS
  • SERVIZOS
  • CURSOS
  • NOVIDADES
  • FINDIESEL
  • CHEQUE MODERNIZA
  • CONTACTO
Link to: O Goberno manterá o límite de facturación de 125.000€ para seguir en módulos en 2023 Link to: O Goberno manterá o límite de facturación de 125.000€ para seguir en módulos en 2023 O Goberno manterá o límite de facturación de 125.000€ para seguir en módulos...Ministerio de FacendaLink to: Sinerxías organiza unha xeira de Xornadas Técnicas sobre o Tacógrafo Link to: Sinerxías organiza unha xeira de Xornadas Técnicas sobre o Tacógrafo Xornadas Técnicas Tacógrafo IntelixenteSinerxías organiza unha xeira de Xornadas Técnicas sobre o Tacógrafo
Desplazarse hacia arriba Desplazarse hacia arriba Desplazarse hacia arriba

Este sitio usa cookies para o seu funcionamento. Ao continuar navegando polo sitio, aceptas o uso de cookies.

AceptarOcultar notificaciónConfiguración

Configuración de cookies e privacidade



Como usamos as cookies

Podemos solicitar que se configuren cookies no teu dispositivo. Usamos cookies para informarnos cando visita os nosos sitios web, como interactúa connosco, para enriquecer a súa experiencia de usuario e para personalizar a súa relación co noso sitio web.

Fai clic nos diferentes títulos das categorías para saber máis. Tamén podes cambiar algunhas das túas preferencias. Teña en conta que o bloqueo dalgúns tipos de cookies pode afectar a súa experiencia nos nosos sitios web e nos servizos que podemos ofrecer.

Cookies esenciais do sitio web

Estas cookies son estritamente necesarias para ofrecerche servizos dispoñibles a través do noso sitio web e para utilizar algunhas das súas funcións.

Debido a que estas cookies son estritamente necesarias para entregar o sitio web, o rexeitamento a elas repercutirá na forma funcións do noso sitio. Sempre pode bloquear ou eliminar as cookies cambiando a configuración do seu navegador e forzando o bloqueo de todas as cookies deste sitio web. Pero isto sempre che pedirá que aceptes/rexeites as cookies cando visites de novo o noso sitio.

Respectamos totalmente se queres rexeitar as cookies, pero para evitar pedirche unha e outra vez, permítenos gardar unha cookie para iso. . Podes desactivar o contido en calquera momento ou optar por outras cookies para ter unha mellor experiencia. Se rexeitas as cookies, eliminaremos todas as cookies configuradas no noso dominio.

Ofrecémosche unha lista de cookies almacenadas no teu ordenador no noso dominio para que poidas comprobar o que almacenamos. Por motivos de seguridade non podemos mostrar nin modificar cookies doutros dominios. Podes comprobalos na configuración de seguranza do teu navegador.

Cookies de Google Analytics

Estas cookies recollen información que se usa de forma agregada para axudarnos a comprender como se está a utilizar o noso sitio web ou a eficacia das nosas campañas de mercadotecnia, ou para axudarnos a personalizar o noso sitio web e a aplicación para mellorar a súa experiencia.

Se non queres que fagamos un seguimento da túa visita ao noso sitio, podes desactivar o seguimento no teu navegador aquí:

Outros servizos externos

Tamén utilizamos diferentes servizos externos, como Google Webfonts, Google Maps e provedores de vídeo externos. Dado que estes provedores poden recoller datos persoais como o teu enderezo IP, permitimos que os bloquees aquí. Teña en conta que isto pode reducir moito a funcionalidade e a aparencia do noso sitio. Os cambios terán efecto unha vez que recargues a páxina.

Configuración de fontes web de Google:

Configuración de mapas de Google:

Configuración de Google reCaptcha:

Incrustacións de vídeos de Vimeo e Youtube:

Política de Privacidade

Podes ler sobre as nosas cookies e a configuración de privacidade en detalle na nosa páxina de política de privacidade.

Política de privacidad
Aceptar Ocultar