Sinerxías inicia en xaneiro os cursos de preparación máis completos para as probas conducentes á obtención do título de transportista que a Xunta de Galicia convoca para 2026

- O curso comenzará en xaneiro e rematará en maio. O alumnado terá á súa disposición o mellor material e ferramentas docentes: plataforma de teleformación con contidos dixitais interactivos actualizados, videoclases en directo con resolución de casos prácticos, xestor de test e casos prácticos, simulador de exames, titorización permanente a través da plataforma, etc.
- Así mesmo, o curso incluirá clases presenciais teóricas gratuítas.
Sinerxías ofrece a mellor e máis completa formación para os e as aspirantes a obter o título de competencia profesional de xestor de transporte, cuxas probas oficiais convoca anualmente a Dirección Xeral de Mobilidade da Xunta de Galicia, e que en 2026 constarán de catro convocatorias.
Así o curso componse de:
✔️ Plataforma tecnolóxica de formación con contidos teóricos completos e actualizados.
✔️ Videoclases en directo impartidas por docentes con grande experiencia.
✔️ Videoclases grabadas na Plataforma, que poden ser revisadas en calquer momento.
✔️ Xestor interactivo de test e casos prácticos do banco de preguntas actualizado do Ministerio.
✔️ Simulador de exames.
✔️ Titorización e seguimento permanente polo noso equipo de docentes.
✔️Foros de dúbidas e consultas de cada tema.
Así mesmo, como novidade para 2026, inclúense clases presenciais teóricas subvencionadas, que serán totalmente gratuítas para o alumnado nas sedes de Sinerxias en O Porriño, Santiago e Ourense.
👩🎓 Custo
✔️ Prezo curso completo: 650 euros*
* Bonificable total ou parcialmente a través das cotas á Seguridade Social da empresa.
✔️ Sesións presenciais subvencionadas, gratuítas para o alumnado.
👩🎓 Requisitos acceso ás probas
As persoas aspirantes deberán acreditar estudos previos, é dicir, deberán estar en posesión dalgún dos seguintes títulos no momento de presentar a solicitude: Bacharelato ou equivalente; Técnico FP de grao medio ou grao superior; ou título universitario de grao ou posgrao.
👩🎓 Estrutura das probas
Os exames constan de dúas probas, unha teórica de 200 preguntas tipo test e outra práctica con catro supostos prácticos tipo test, de dúas horas de duración cada unha, e que se realizarán de xeito continuado, unha seguida da outra. As probas realízanse en ordenador e o cuestionario é individualizado para cada aspirante.
📝 +info e inscricións
📞 881 243 859 986 – 169 268 – 988 989 033
✉️ info@sinerxias.gal / formacion@sinerxias.gal





