Sinerxías inicia a campaña divulgativa «En ruta contra a trata» para concienciar aos profesionais do sector do transporte de mercadorías por estrada de Galicia: como previr, identificar e actuar
SINERXÍAS está a desenvolver unha campaña divulgativa baixo o título «En ruta contra a trata. A túa mirada atenta salva vidas» para concienciar aos profesionais do sector do transporte de mercadorías por estrada de Galicia: como previr, identificar e actuar ante situacións que poidan ser consideradas trata de persoas con fins de explotación sexual nos espazos habituais de traballo (áreas de servizo, polígonos industriais, estacións de servizo en ruta, aparcadoiros de vehículos pesados, etc.).
A tal efecto, SINERXÍAS elaborou unha Guía Práctica básica de prevención, identificación e actuación fronte á explotación sexual nas nosas estradas, na medida en que os profesionais do volante dos chave para previr e combater a trata nos referidos espazos de traballo.
Esta Guía, impresa en formato de díptico en tamaño A5, consta basicamente de catro partes:
- Como comprender e detectar en ruta posibles prácticas de trata: que sinais de alerta deben ser tidos en conta.
- Como actuar ante unha sospeita.
- Boas prácticas no sector do transporte.
- Canais de axuda e denuncia
Os/as interesados/as en recibir esta Guía poden solicitala en info@sinerxias.gal.
Así mesmo, en próximas datas organizaranse diversas xornadas divulgativas en diversas localidades de Galicia.
Este proxecto conta co apoio da Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia e mais o Ministerio de Igualdade do Goberno de España.







