Sinerxías inicia en setembro novo curso de preparación para o último exame de 2026 conducente á obtención do título de transportista (competencia profesional de xestor de transporte) que a Xunta de Galicia celebrará previsiblemente en decembro
O curso comenzará de xeito inmediato en setembro e rematará en decembro e o alumnado terá á súa disposición o mellor material e ferramentas docentes: plataforma de teleformación con contidos dixitais interactivos actualizados accesible as 24 horas dos 7 días da semana, videoclases en directo con resolución de casos prácticos, xestor de test e casos prácticos, simulador de exames, titorización permanente a través da plataforma, etc.
Así mesmo, o curso incluirá clases presenciais coa fundamentación teórica.
Sinerxías ofrece por tanto a mellor e máis completa formación para os e as aspirantes a obter o título de competencia profesional de xestor de transporte na 4ª e última convocatoria de 2026 das probas oficiais da Dirección Xeral de Mobilidade da Xunta de Galicia, que previsiblemente se celebrarán en decembro.
Así o curso componse de:
✔️ Clases presenciais teóricas nas sedes de Sinerxias en O Porriño, Santiago e Ourense.
✔️ Videoclases en directo para a resolución de casos prácticos impartidas por docentes con grande experiencia.
✔️ Plataforma tecnolóxica de formación con contidos teóricos completos e actualizados.
✔️ Xestor interactivo de test e casos prácticos do banco de preguntas actualizado do Ministerio.
✔️ Simulador de exames.
✔️ Videoclases grabadas na Plataforma, que poden ser revisadas en calquer momento.
✔️ Titorización e seguimento permanente polo noso equipo de docentes.
✔️ Foros de dúbidas e consultas de cada tema.
📝 Custo
✔️ Prezo curso completo: 700 euros*
* Bonificable total ou parcialmente a través das cotas á Seguridade Social da empresa.
📝 Requisitos acceso ás probas
As persoas aspirantes deberán acreditar estudos previos, é dicir, deberán estar en posesión dalgún dos seguintes títulos no momento de presentar a solicitude: Bacharelato ou equivalente; Técnico FP de grao medio ou grao superior; ou título universitario de grao ou posgrao.
📝 Estrutura das probas
Os exames constan de dúas probas, unha teórica de 200 preguntas tipo test e outra práctica con catro supostos prácticos tipo test, de dúas horas de duración cada unha, e que se realizarán de xeito continuado, unha seguida da outra. As probas realízanse en ordenador e o cuestionario é individualizado para cada aspirante.
📝 +info e inscricións
📞 881 243 859 986 – 169 268 – 988 989 033
✉️ formacion@sinerxias.gal





